SAMAÍN: ORIXE DA FESTA
Hai
aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais
dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do
ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran
politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada
(guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh
(sabiduría), as Morrigan (das batallas)…. De aí que as súas festas
coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus
cambios:
• 1 Febreiro en honra a deidade Imbole.
• 1 Maio en honra a deidade Beltain.
• 1 Agosto en honra a deidade Lungh.
• 1 Novembro en honra a deidade Samaín.
Ao
igual que outros pobos bárbaros, os celtas consideraban as cabezas dos
seus inimigos máis que como un botín de guerra coma un dos misterios do
ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza
máxica da súa pantasma". Cando as colocaban en lugares estratéxicos non
só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces
de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e
sobre todo profecías verdadeiras.
A
festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán e das
colleitas, era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios
do ano novo celta. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto
que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os
mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou
meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (ao chegaren as
longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha
velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos,
colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus
castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración
das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración. Moitos
anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebrar o día de
defuntos e todos os santos.
Para
aprender máis sobre as tradicións de Samaín, debedes investigar e facer
unha pequena presentación sobre un dos seguintes mitos, e presentala na
clase na semana entre o 11 e o 17 de novembro. Debe entregarse o 11 de novembro como data tope.
SERES MITOLÓXICOS GALEGOS
1. Biosbardos
3. Lobishome
4. Maruxaina
5. Mouras
6. Mouros
7. Nubeiro
11. Tardo
13. Trasgos ou trasnos
14. Urcos
15. Xacios