martes, 29 de octubre de 2019

Actividade Samaín

SAMAÍN: ORIXE DA FESTA

Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), as Morrigan (das batallas)…. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios: 

• 1 Febreiro en honra a deidade Imbole. 

• 1 Maio en honra a deidade Beltain. 

• 1 Agosto en honra a deidade Lungh.

 • 1 Novembro en honra a deidade Samaín. 

Ao igual que outros pobos bárbaros, os celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra coma un dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma". Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.

A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán e das colleitas, era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo celta. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (ao chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración. Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebrar o día de defuntos e todos os santos.

Para aprender máis sobre as tradicións de Samaín, debedes investigar e facer unha pequena presentación sobre un dos seguintes mitos, e presentala na clase  na semana entre o 11 e o 17 de novembro. Debe entregarse o 11 de novembro como data tope.

SERES MITOLÓXICOS GALEGOS
1. Biosbardos
2. Lavandeiras
3. Lobishome
4. Maruxaina
5. Mouras
6. Mouros
7. Nubeiro
8. Olláparo
9. Sacaúntos
10. Santa Compaña
11. Tardo
12. Tía Xuana
13. Trasgos ou trasnos
14. Urcos
15. Xacios

No hay comentarios:

Publicar un comentario